Tipos

Tipos

MOI IMPORTANTE: Subvencións apartado 2 u) da Disposición Adicional Sétima da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral. 

Para a determinación dos gastos e subvencións electorais, atenderase ao disposto no artigo 175 da presente Lei Orgánica, coas seguintes modificacións:

 1.º As cantidades previstas no apartado 1 para subvencionar os gastos que orixinen as actividades electorais reduciranse, en función dos votos e escanos obtidos por cada candidatura, nun trinta por cento.

2.º O límite dos gastos electorais previsto no apartado 2 reducirase nun cincuenta por cento. As porcentaxes de gasto previstas no apartado 3 do artigo 55 e no apartado 1 do artigo 58 entenderanse referidos a este límite reducido.

ORDE DE ACTUALIZACIÓN DAS SUBVENCIÓNS POR GASTOS ELECTORAIS DAS ELECCIÓNS XERAIS 10 DE NOVEMBRO DE 2019: HAC/973/2019 DO 26 DE SETEMBRO (B.O.E. Nº 234 DO 28 DE SETEMBRO)

POR RESULTADOS ELECTORAIS (disposición adicional sétima punto 2 u, 1º)

  • 14,817,35 EUROS POR CADA ESCANO (DEPUTADO OU SENADOR).
  • 0,57 EUROS POR VOTO, SI SE OBTIVO POLO MENOS UN DEPUTADO ELECTO.
  • 0,22 EUROS POR VOTO, POR CADA CANDIDATO QUE OBTEÑA ESCANO DE SENADOR.

POR ENVÍOS ELECTORAIS

  • 0,21 EUROS POR ELECTOR EN CADA UNHA DAS CIRCUNSCRICIÓNS NAS QUE PRESENTASE LISTA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS E AO SENADO.
  • SÓ SE ABOA DITA CANTIDADE SE A CANDIDATURA OBTÉN O NÚMERO DE DEPUTADOS OU SENADORES OU DE VOTOS PRECISOS PARA CONSTITUÍR GRUPO PARLAMENTARIO NUNHA OU NOUTRA CÁMARA.
  • AÍNDA QUE SE CONSIGA GRUPO PARLAMENTARIO EN AMBAS AS CÁMARAS, A SUBVENCIÓN SÓ SE PERCIBIRÁ UNHA VEZ.