Cada elector ou electora recibirá da Oficina do Censo Electoral unha tarxeta censual cos datos actualizados da súa inscrición no censo electoral e da Sección e Mesa na que lle corresponde votar. A Oficina do Censo Electoral comunicará igualmente ás persoas afectadas as modificacións de Seccións, locais ou Mesas que puidesen producirse.
A votación comeza ás 9 horas do día 10 de novembro, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse persoas que integran as Mesas electorais e constitúan as mesmas, verifiquen que non hai problemas co material electoral (urnas, cabinas, soportes, sinais indicadores, sobres, papeletas, impresos acrediten a interventores e interventoras, apoderados e apoderadas etc.
A votación remata ás 20 horas, momento no que a Presidencia da Mesa electoral anuncia o final da votación. Non obstante, se aínda queda alguén dentro do local electoral, o Presidente ou Presidenta da Mesa permitiralle votar.
A identificación realízase mediante:
Non importa que estes documentos estean caducados, pero deben ser os orixinais, non valen as fotocopias.
A votación remata ás 20 horas, momento no que o Presidente da Mesa electoral anuncia o final da votación. Non obstante, se aínda queda alguén dentro do local, o Presidente permitiralle votar.
A votación comeza ás 9 horas, aínda que os locais están abertos antes para que poidan presentarse a persoas que constitúan as Mesas electorais, verifiquen que non hai problemas co material electoral, acrediten a interventores e interventoras, apoderados e apoderadas etc.
Só se pode votar na Mesa electoral que corresponda a cada elector ou electora, salvo os interventores e interventoras que exercen o seu dereito de sufraxio na Mesa ante a que están acreditados se pertence á mesma circunscrición na que están inscritos.
Cada votante achegarase á Mesa e manifestará o seu nome e apelidos á Presidencia. Vocais e interventores e interventoras, comprobarán, a través das listas do censo, a súa identidade e o dereito a votar. Entregará pola súa propia man á Presidencia o sobre ou sobres de votación cerrados, quen sen ocultalos en ningún momento á vista do público dirá en voz alta o nome e, engadindo “Vota”, entregaralle de novo o sobre ou sobres para que os introduza nas urnas que correspondan.
A votación remata ás 20 horas, momento no que a Mesa anuncia o final da votación. Non obstante, se aínda queda alguén dentro do local, a Mesa permitiralle votar.
A Administración do Estado ou, no seu caso, a das Comunidades Autónomas que teñan atribuídas competencias en materia laboral, previo acordo cos Delegados do Goberno respecto ao persoal que traballa por conta allea, e as Administracións públicas respecto ao seu persoal, adoptarán as medidas precisas para que as persoas que presten os seus servizos o día das eleccións poidan dispoñer no horario laboral de ata catro horas libres para o exercicio do dereito do voto, que serán retribuídas. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.
En caso de persoas que por estar realizando funcións lonxe do domicilio habitual ou noutras condicións das que que se deriven dificultades para exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, as medidas precisas a adoptar irán encamiñadas a que estas persoas poidan votar por correo e conten para iso co permiso de ata catro horas libres para poder solicitalo seguindo o procedemento establecido no artigo 72 de la Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.