VOTO DAS PERSOAS QUE RESIDEN PERMANENTEMENTE NO ESTRANXEIRO

VOTO DAS PERSOAS QUE RESIDEN PERMANENTEMENTE NO ESTRANXEIRO

Solicitude de voto para os españois que residen no estranxeiro (CERA): (PDF) CastellanoCatalàGalegoEuskeraValencià

Os españois e españolas que residan permanentemente no estranxeiro e que figuren no Censo de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), poderán votar nas eleccións a Cortes Xerais, para o cal, entenderase válida a solicitude formulada para as eleccións a Cortes Xerais de abril, se non cambiou a súa situación dende entón.

Recorda: non será necesario formular a solicitude se xa o fixo nas Eleccións Xerais de abril e non cambiou a súa situación dende entón.

Se non realizou a solicitude deberá facer o seguinte:

Cumprimentar o impreso de solicitude que lle remitirá a Oficina do Censo Electoral, ou que poderá obter da web do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación ou descargalo aquí Non esqueza asinalo.

  • Acompañar o impreso de solicitude dun dos seguintes documentos:
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do Pasaporte expedido polas autoridades españolas.
  • Certificación de nacionalidade (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada en que estea inscrito).
  • Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada en que estea inscrito).
  • Remitilo todo o antes posible, e en todo caso non máis tarde do día 19 de outubro, á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da provincia en cuxo censo estea inscrito en España. Pode consultar os enderezos aquí.

    O envío da solicitude tamén poderá ser realizado de forma telemática, accedendo o interesado ao procedemento “Solicitude de voto CERA” publicado na Sede electrónica do INE e acreditando a súa identidade mediante un certificado electrónico recoñecido, asociado ao seu DNI. Quen non dispoña de certificado electrónico, poderá realizar o envío de solicitude por esta mesma vía, accedendo ao procedemento coa Clave de Tramitación Telemática (CTT) que figura preimpresa na comunicación e achegando copia dun dos documentos anteriormente mencionados, podendo obter un xustificante do rexistro electrónico da presentación da solicitude.

Lembre, non será necesario formular a solicitude se xa o fixo nas eleccións Xerais de abril e non cambiou a súa situación dende entón.

  • Orde Interior 358/2015, do 27 de febreiro pola que se modifica o anexo 6 do RD 605/1999, do 16 de abril de regulación complementaria dos procesos electorais (BOE 54 del 4/3/2015).
  • Resolución do 9 de marzo de 2015, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establece o procedemento para a solicitude de voto dos electores residentes ausentes que viven no estranxeiro (BOE 63 del 14/3/2015).

Unha vez proclamadas as candidaturas, e finalizado o prazo de recursos, a Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.

Os envíos terán que estar realizados en todo caso antes do 29 de outubro, se ben a este prazo haberá que sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.

A documentación electoral que remite a oficina do Censo Electoral é a seguinte:

  • Unha folla informativa.
  • Papeletas e sobres de votación.
  • Dous certificados de inscrición no censo electoral ou censo de residentes ausentes
  • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
  • Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
  • Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.

Deberá seleccionar a súa opción de voto (ou non incluirá papeleta ningunha se o que desexa é votar en branco):

  • Para a elección de Deputados e Deputadas, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
  • Para a elección de Senadores e Senadoras, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.

A continuación, introducirá no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial o seguinte:

  • Sobres de votación coas papeletas.
  • Un certificado de inscrición no censo.
  • Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matricula Consular expedidas polo Consulado de España no país de residencia.

A partir de aquí, pode optar por facer lo seguinte o con este sobre e o seu contido:

  • Depositalo persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa Embaixada ou Consulado. Poderá facelo entre os días 6 a 8 de novembro (ambos inclusive). Deberá entregar o segundo certificado de inscrición no censo ao funcionario consular.
  • Remitilo por correo certificado. Poderá facelo ata o 5 de novembro. Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:
    • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.
    • O segundo certificado de inscrición no censo.
    • Se así o desexa, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos do envío.

Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente ou, no seu caso, da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.

Finalizado o prazo para o depósito do voto en urna, o funcionario consular expedirá unha acta que deberá remitir á Xunta Electoral Central e que conterá o número de certificacións de inscrición no censo recibidas, así como o numero de sobres recibidos por correo ata a finalización do depósito do voto en urna e, no seu caso, as incidencias que puidesen producirse.

Ao día seguinte, todos os votos ( recibidos por correo ou depositados en urna) deberán ser remitidos á Oficina que a este efecto se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación, que procederá ao seu envío urxente ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es y www.ine.es

Se algún elector do CERA se atopase temporalmente en España durante a convocatoria dun proceso electoral, poderá solicitar (o mesmo que os residentes en territorio nacional) o voto por correo a partir da data da convocatoria e ata o día 31 de outubro, sen que isto supoña a súa baixa no CERA.

Para isto, deberá cumprimentar a solicitude dispoñible en calquera oficina do Servizo de Correos indicando expresamente a súa inscrición no censo de españois residentes no estranxeiro e dirixila á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.

O elector deberá asinar a solicitude e comprobar que o empregado de correos pon a data e o selo correspondente.

Indicará un domicilio en España onde desexa recibirá documentación. Se xa se enviou a documentación ao domicilio de inscrición por telo solicitado dende o estranxeiro, enviaráselle un certificado de inscrición coa marca “DUPLICADO”.

Recibida a documentación electoral no enderezo de España que sinalase na solicitude, o elector enviará o seu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial correspondente, non máis tarde do 6 de novembro

Estes electores non poderán votar persoalmente na Mesa electoral.

Ligazón á presentación dinámica do CERA