A Administración Electoral é a encargada de garantir a transparencia e obxectividade do proceso electoral e do principio de igualdade.
Integran a Administración Electoral as Mesas Electorais e as Xuntas Electorais (Central, Provincial, de Zona e, se é o caso, de Comunidade Autónoma).
A Xunta Electoral Central ten a súa sede en Madrid; é a única de carácter permanente e está integrada por 8 maxistrados do Tribunal Supremo e 5 catedráticos en activo de Dereito ou Ciencias Políticas e Socioloxía.
As Xuntas Electorais Provinciais teñen a súa sede nas capitais de provincia e están integradas por tres vogais, maxistrados da Audiencia Provincial correspondente, e dous vogais nomeados pola Xunta Electoral Central entre catedráticos e profesores titulares de Dereito ou de Ciencias Políticas e de Socioloxía ou xuristas de recoñecido prestixio residentes na provincia.
As Xuntas Electorais de Zona teñen a súa sede nas localidades cabeza dos partidos xudiciais e están compostas por tres vogais, xuíces de Primeira Instancia ou Instrución e dous vogais designados pola Xunta Electoral Provincial, entre licenciados en Dereito ou en Ciencias Políticas e en Socioloxía, residentes no partido xudicial.
As Xuntas de Zona de Ceuta e Melilla acumulan nos seus respectivos distritos as funcións correspondentes ás Xuntas Electorais Provinciais.
Ademais da Xunta Electoral Central, que ten a súa sede en Madrid, en cada provincia existe unha Xunta Electoral Provincial.
Por último, as Xuntas Electorais de Zona sitúanse nas 303 localidades cabeza de partido xudicial nas eleccións de 1979. As Xuntas de Zona de Ceuta e Melilla acumulan nos seus respectivos distritos as funcións correspondentes ás Xuntas Electorais Provinciais.
Nas eleccións ao Congreso dos Deputados ou ao Senado, as Xuntas Electorais competentes para a realización de todas as operacións en relación coa presentación e proclamación de candidatos, así como as de escrutinio xeral, etc., son as Xuntas Electorais Provinciais.
© 2016 Ministerio del Interior