Resolva as súas dúbidas

Electores  /  Resolva as súas dúbidas  /  As Cortes Xerais

As Cortes Xerais

Que eleccións se celebran o 26 de xuño?
 

O domingo 26 de xuño celebraranse en España eleccións a Cortes Xerais, isto é, ao Congreso dos Deputados e ao Senado.

Que son as Cortes Xerais?
 

A Constitución de 1978 establece que a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado (Lexislativo, Executivo e Xudicial).

As Cortes Xerais (Congreso e Senado) deteñen o Poder Lexislativo, o Goberno representa o poder executivo e os Xuíces o poder xudicial.

Corresponde ás Cortes Xerais aprobar os orzamentos, controlar a acción do Goberno e as demais competencias que lles atribúe a Constitución.

Cantas eleccións a Cortes Xerais se celebraron en España desde a aprobación da Constitución de 1978?
 

Desde a aprobación da Constitución, celebráronse once eleccións Xerais: en 1979, 1982, 1986, 1989, 1993, 1996, 2000, 2004, 2008, 2011 e 2015.

Se desexa coñecer o resultado destas eleccións, pode consultar a base de datos do Ministerio do Interior.

Como se convocan as eleccións a Cortes Xerais?
 

As eleccións a Cortes Xerais convócanse por real decreto, a proposta do Presidente do Goberno logo da deliberación do Consello de Ministros.

No Real Decreto de convocatoria fíxase a data de celebración das eleccións, o número de Deputados que corresponde a cada provincia, a duración da campaña electoral, a data na que se constituirán as Cámaras elixidas e a normativa aplicable ao proceso electoral.

As próximas eleccións do 26 de xuño responden o suposto previsto no artigo 99.5 da Constitución Española: “Se transcorrido o prazo de dous meses, a partir da primeira votación de investidura, ningún candidato obtivese a confianza do Congreso, o Rei disolverá ambas as Cámaras e convocará novas eleccións co referendo do Presidente do Congreso”.

Cando se constitúen as Cortes elixidas?
 

Ambas as Cámaras reuniranse en sesión constitutiva o 20 de xullo de 2016 como data límite.