A atribución de escanos en función dos resultados do escrutinio realízase conforme ás regras seguintes:
A elección dos 208 senadores que se elixen mediante sufraxio universal, libre igual, directo e segredo realízase da maneira seguinte:
Os electores poden dar o seu voto a un máximo de:
A papeleta do Congreso é de cor branca, impresa por unha soa cara e nela debe aparecer: denominación, sigla e símbolo do partido, federación, coalición ou agrupación de electores e os nomes e apelidos dos candidatos e suplentes.
A papeleta é de cor sepia, única para cada circunscrición, e común para todos os candidatos.
As candidaturas ordénanse na papeleta segundo os resultados obtidos nas anteriores eleccións, e os candidatos, dentro de cada candidatura, pola orde que libremente estableza a propia candidatura. O elector pode poñer a cruz no recadro que aparece xunto ao candidato que prefira, independentemente do lugar que ocupe dentro da candidatura.
Os electores poden dar o seu voto:
Os votos poden ser válidos ou nulos.
Considérase voto válido:
O voto en branco é:
É nulo o voto emitido en sobre diferente do modelo oficial ou alterado, ou papeleta diferente do modelo oficial, alterada, rota ou gaduñada, así como o emitido en papeleta sen sobre e aquel no que non se poida dilucidar a vontade do elector (por exemplo, sobre que conteña máis dunha papeleta de distintas candidaturas).
No suposto de que o sobre de votación conteña máis dunha papeleta da mesma candidatura, computarase como un só voto válido.
No caso de eleccións ao Congreso dos Deputados, serán tamén nulos os votos emitidos en papeletas nas que se modificou, engadiu ou riscou nomes dos candidatos ou alterou a súa orde de colocación, así como aquelas nas que se produciu calquera outro tipo de alteración (por exemplo, no símbolo da candidatura).
No caso de eleccións ao Senado serán tamén nulos os votos emitidos en papeletas nas que se sinalaron máis de tres nomes nas circunscricións provinciais; máis de dous, nas circunscricións insulares de Gran Canaria, Mallorca e Tenerife e nas poboacións de Ceuta e Melilla, e máis dun no resto das circunscricións insulares.
Serán computados como válidos aqueles votos emitidos en papeletas que conteñan un sinal, cruz ou aspa á beira dalgún dos candidatos, na medida en que non teñan transcendencia ou entidade suficiente para considerar que con elas se alterou a configuración da papeleta ou se manifestou o rexeitamento dalgún dos candidatos ou da formación política a que pertenzan.
© 2016 Ministerio del Interior