Os electores que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración, e desexen votar, deberán solicitalo previamente.
Solicitude
 
O impreso de solicitude poderá atopalo nos Consulados e Embaixadas e descargalo aquí.
A solicitude cuberta deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.
Para poder formular a solicitude, o elector deberá estar inscrito no Rexistro de Matrícula Consular como non residente. Ambos os trámites (solicitude e inscrición) pódense realizar no mesmo acto.
O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 28 de maio (ampliado o prazo ata o 6 de xuño).
Documentación para votar
 
A Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.
Os envíos realizaranse en todo caso antes do 14 de xuño. A este prazo deberá sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.
En que consiste esta documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral?
- unha folla informativa.
- certificado de inscrición no censo.
- papeletas e sobres de votación.
- un sobre no que debe figurar a dirección da Mesa electoral que lle corresponda.
- un impreso oficial destinado a posibilitar o reintegro dos gastos de franqueo, no seu caso.
Como votar
 
O elector deberá seleccionar a súa opción de voto:
- Para a elección de Deputados, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
- Para a elección de Senadores, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións recollidas na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.
A continuación, introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o seguinte:
- Sobres de votación coas papeletas.
- O certificado de inscrición no censo.
- Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.
Ten ata o día 22 de xuño para remitir este sobre por correo certificado.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial da Oficina de Correos do Estado correspondente que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.
O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es; www.ine.es.
Ligazón a visita virtual voto ERTA