Paridade Electoral
A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso, eleccións Locais, Consellos Insulares, Cabidos Insulares Canarios, Parlamento Europeo e Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Esta composición equilibrada supón o seguinte:
Nas eleccións municipais, no conxunto da lista, e en todo caso en cada tramo de 5 postos, os candidatos dun ou outro sexo non poderán estar representados en menos do 40%. Exceptúanse os municipios menores de 3.000 habitantes e illas menores de 5.000 habitantes.
Nas eleccións de membros das Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas, as leis reguladoras dos seus respectivos réximes electorais poderán establecer medidas que favorezan unha maior presenza de mulleres nas candidaturas que se presenten ás eleccións das devanditas Asembleas Lexislativas. Cando as candidaturas para o Senado se agrupen en listas, tales listas deberán ter igualmente unha composición equilibrada de mulleres e homes, de xeito que a proporción dunhas e outros sexa o máis próxima posible ao equilibrio numérico.
No conxunto da lista das eleccións ao Parlamento Europeo, e en todo caso en cada tramo de 5 postos, os candidatos dun ou outro sexo non poderán estar representados en menos do 40%.