Eleccións ao Parlamento Europeo 2019
LA regulación das eleccións ao Parlamento Europeo ven recollida na Acta de 1976, relativa á elección dos representantes na Asemblea por sufraxio universal directo. Na mencionada Disposición, establécese que as eleccións son convocadas polas autoridades nacionais competentes. Así, no caso español, fórono por Real Decreto.
O procedemento electoral polo que se rexen estas Eleccións está recollido, nos seus aspectos principais, no Título VI (Arts. 210 e ss.) de la Ley Orgánica del Régimen Electoral General.
Dende 1979, os deputados son elixidos por sufraxio universal directo por un período de cinco anos. España segue un sistema de listas fechadas, polo que, ao votar, non se pode cambiar a orde de preferencia de candidatos e candidatas na lista.
O número de eurodeputados por cada país é aproximadamente proporcional á súa poboación, pero seguindo unha proporcionalidade decrecente: ningún país pode ter menos de 6 nin máis de 96 eurodeputados, e o número total non pode ser superior a 751 (750 máis o Presidente). En caso de saída do Reino Unido durante este período, o número de eurodeputados sería de 705.
As eleccións europeas caracterízanse por varias normas comúns: sufraxio universal directo, regra de proporcionalidade, igualdade entre homes e mulleres, voto secreto e mandato de cinco anos renovábel.
Todos os Estados aplican estas mesmas normas democráticas de base, se ben cada país réxese polas súas propias leis e costumes electorais. Algúns Estados dividen o seu territorio en circunscricións electorais mentres outros teñen unha circunscrición electoral única -como é o caso de España- e utilizan listas abertas ou fechadas, sendo este último sistema o utilizado no noso país.
En España elixiranse 54 deputados. No caso da saída durante este período do Reino Unido, o número de eurodeputados pasaría a ser de 59, cinco máis que nas eleccións de 2014.
A circunscrición electoral é o territorio nacional, así pois, as formacións políticas que presentan candidaturas fano mediante unha lista única e común en todo o territorio nacional. Agora ben, as candidaturas poderán solicitar que o ámbito de difusión das súas papeletas sexa inferior ao estatal, cunha denominación, sigla e símbolo diferentes, e cambiar os candidatos e candidatas das listas.
A primeira vez que os españois elixiron aos seus representantes en Europa foi o 10 de xuño de 1987. Posteriormente, celebráronse eleccións o 15 de xuño de 1989; o 12 de xuño de 1994, o 13 de xuño de 1999, o 13 de xuño de 2004, o 7 de xuño de 2009 e o 25 de maio de 2014.
É dicir, o próximo 26 de maio de 2019 celebraranse en España as oitavas eleccións ao Parlamento Europeo.
Os deputados distribúense en grupos políticos: non se agrupan por nacionalidades, se non en función das súas afinidades políticas. No Parlamento Europeo existen na actualidade 8 grupos políticos.
O número de deputados necesario para constituír un grupo é de 25; en cada grupo debe estar representada polo menos a cuarta parte dos Estados membros. Está prohibido pertencer a máis dun grupo político.
Estes grupos organízanse internamente dotándose dun presidente (ou de dous copresidentes, no caso de determinados grupos), unha mesa e unha secretaría.
No hemiciclo, os escanos asígnanse aos deputados segundo á adscrición política destes, de esquerda a dereita, previo acordo dos presidentes de grupo.
A idade mínima para votar e presentarse como candidato nas Eleccións ao Parlamento Europeo está establecida na lexislación nacional. Se ben a idade para poder votar é de 18 anos en todos os Estados membros, agás Austria, onde a idade para votar é 16 anos, a idade mínima necesaria para presentarse como candidato nas eleccións europeas varía considerablemente, oscilando entre 18 e 25 anos.
A votación é obrigatoria só en cinco Estados membros: Bélxica, Bulgaria, Luxemburgo, Chipre e Grecia, onde a obrigación legal de votar aplícase tanto aos nacionais como aos cidadáns da UE non nacionais rexistrados.
En conformidade co apartado 2 do artigo 10 da Acta do 20 de setembro de 1976 relativo á elección dos deputados ao Parlamento Europeo por sufraxio universal directo, non se publicará ningún resultado oficial en ningún Estado membro ata despois do peche dos colexios electorais do Estado membro cuxos votantes sexan os últimos en votar.
A Unión conta actualmente con 28 países membros. Polo momento, o Reino Unido segue sendo membro de pleno dereito da Unión Europea, con todos os dereitos e obrigacións correspondentes.
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia.
Dende 1983 empézanse a establecer os Anos Europeos. Con eles preténdese sensibilizar á opinión pública sobre determinados temas, fomentar a reflexión e mudar as mentalidades. As institucións da UE e os gobernos dos países membros expresan o seu firme compromiso e a súa mensaxe política de que ese aspecto terase en consideración á hora de elaborar futuras políticas. Concédese unha financiación extraordinaria para proxectos locais, nacionais e transfronteirizos que aborden o tema ao que estea dedicado ese ano. O ano 2018 foi o ano Europeo do Patrimonio Cultural.
O euro (€) é a moeda oficial de 19 dos 28 países da UE. Estes países, que conforman a denominada zona do euro ou eurozona, son os seguintes: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Portugal. Aínda sendo membros da UE, non forman parte da eurozona Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Hungría, Polonia, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia,
A zona do euro formada polos Estados membros da UE que adoptaron a moeda única non é estática: de conformidade co Tratado, todos os Estados membros da UE deberán ingresar na mesma unha vez que
cumpran as condicións necesarias, a excepción de Dinamarca e Reino Unido que negociaron unha cláusula de «exclusión voluntaria» que lles permite manterse á marxe da zona do euro.
Schengenland ou territorio Schengen é a denominación dada ao territorio que comprende a aqueles Estados da Unión Europea que acordaron a creación dun espazo común cuxos obxectivos fundamentais son a supresión de fronteiras entre estes países, a seguridade, a inmigración e a libre circulación de persoas.
Na actualidade forman parte do territorio Schengen os seguintes países:
Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia (non UE), Italia, Letonia, Liechtenstein (non UE), Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega (non UE), Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Suecia e Suíza (non UE).
As ideas nas que se asenta a Unión Europea expuxéronse por primeira vez o 9 de maio de 1950, nun discurso pronunciado polo entón Ministro de Asuntos Exteriores francés Robert Schuman. Esta é a razón pola que o 9 de maio celébrase como unha data clave para a UE.
A melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía, composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música ao poema "Oda á Alegría", escrito por Schiller en 1785.
O himno non só simboliza á Unión Europea, se non tamén a Europa nun sentido máis amplo. O poema "Oda á Alegría" de Schiller expresa a visión idealista da fraternidade entre os seres humanos, unha visión que Beethoven compartía.
En 1972, o Consello de Europa converteu o tema "Oda á Alegría" de Beethoven no seu himno. En 1985, foi adoptado polos dirixentes da UE como himno oficial da Unión Europea.
Cantas linguas oficiais hai na Unión Europea?
Actualmente, no Parlamento Europeo se utilizan 24 linguas oficiais. Os documentos parlamentares publícanse en todas as linguas oficiais da UE e os deputados teñen dereito a falar na lingua oficial que prefiran.
Actualmente, en el Parlamento Europeo se utilizan 24 lenguas oficiales. Los documentos parlamentarios se publican en todas las lenguas oficiales de la UE y los diputados tienen derecho a hablar en la lengua oficial que prefieran.
As linguas oficiais son: alemán, búlgaro, checo, croata, danés, eslovaco, esloveno, español, estoniano, finés, francés, grego, húngaro, inglés, irlandés, italiano, letón, lituano, maltés; neerlandés, polaco, portugués, romano e sueco.
O Parlamento Europeo dispón de tres lugares de traballo: Estrasburgo, Bruxelas e Luxemburgo. Isto explícase por razóns históricas, xa que se trata das tres cidades onde se instalaron, principalmente, as institucións europeas tras a súa creación.
O Parlamento Europeo ten a súa sede en Estrasburgo, onde se celebran os períodos parciais de sesións plenarias mensuais.
Os períodos parciais de sesións plenarias e as adicionais celébranse en Bruxelas. As comisións do Parlamento tamén se reúnen en Bruxelas.
Finalmente, a Secretaría Xeral e o seus servizos están instalados en Luxemburgo. Non obstante, por razóns prácticas, un determinado número de funcionarios e os colaboradores dos grupos políticos do Parlamento Europeo traballan en Bruxelas.
As eleccións ao Parlamento Europeo deben celebrarse entre un xoves e un domingo, dentro dos cales os países poden decidir a data exacta de acordo cos seus costumes e normas electorais. Nestas eleccións o período vai do 23 ao 26 de maio de 2019.
PAÍS | DATA XORNADA | PAÍS | DATA XORNADA |
Alemaña | 26 de maio | Hungría | 26 de maio |
Austria | 26 de maio | Irlanda | 24 de maio |
Bélxica | 26 de maio | Italia | 26 de maio |
Bulgaria | 26 de maio | Letonia | 25 de maio |
Chipre | 26 de maio | Lituania | 26 de maio |
Croacia | 26 de maio | Luxemburgo | 26 de maio |
Dinamarca | 26 de maio | Malta | 25 de maio |
Eslovaquia | 25 de maio | Países Baixos | 23 de maio |
Eslovenia | 26 de maio | Polonia | 26 de maio |
España | 26 de maio | Portugal | 26 de maio |
Estonia | 26 de maio | Reino Unido | 23 de maio |
Finlandia | 26 de maio | República Checa | 24-25 de maio |
Francia | 26 de maio | Romania | 26 de maio |
Grecia | 26 de maio | Suecia | 26 de maio |