Cada candidatura pode nomear dúas por cada Mesa. Desempeñan a súa función só na Mesa designada para exercer a súa acreditación.
Poden asistir á Mesa e participar nas súas deliberacións con voz pero sen voto. Para estes efectos, os/as que actúen en nome dunha mesma candidatura ante a mesma Mesa poden substituírse entre si.
Poden formular reclamacións e protestas e pedir certificacións.
Votan na Mesa ante a que exercen a súa acreditación, aínda que non figuren no seu censo electoral, sempre que a dita Mesa se atope na mesma circunscrición electoral que a Mesa na que lles correspondería votar de acordo coa súa inscrición no censo.
En caso contrario, non poden votar na Mesa na que exercen as súas funcións, senón que sexa mediante o voto por correo dirixido á Mesa que corresponde á súa inscrición no censo. Poden exercer o seu dereito ao voto unha soa vez; constitúe delito electoral votar dous ou máis veces na mesma elección.