Voto por correo das persoas que residen permanentemente no extranxeiro (CERA)
Ampliado o prazo para a presentación da votación CERA por correo certificado aos consulados ata o 25 de maio.
Ampliando o prazo para o depósito do voto CERA nas urnas ata as 20 horas (hora española) o 26 de maio.
Os españois e españolas que residan permanentemente no estranxeiro e desexen votar nas eleccións ao Parlamento Europeo, nas eleccións ás Asembleas de Ceuta e Melilla e nas eleccións ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas do 26 de maio, deberán solicitalo previamente.
Para formular a solicitude, debe facer o seguinte:
- Cubrir o impreso de solicitude que lle remitirá a Oficina do Censo Electoral, ou que poderá obter da web do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación ou do Ministerio do Interior (aquí). Non esqueza asinalo.
- Acompañar o impreso de solicitude dun dos documentos seguintes:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia do Pasaporte expedido polas autoridades españolas.
- Certificación de nacionalidade (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que estea inscrito).
- Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que estea inscrito).
- Remitilo todo canto antes, e en todo caso non máis tarde do día 27 de abril, á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da provincia en cuxo censo figure en España.
O envío da solicitude tamén poderase realizar de maneira telemática, accedendo ao procedemento "Solicitude de voto CERA" publicado na Sede electrónica do INE e acreditando a súa identidade mediante un certificado electrónico recoñecido, asociado ao seu DNI. Quen non dispoña de certificado electrónico poderá realizar o envío da solicitude por esta mesma vía, accedendo ao procedemento coa Clave de Tramitación Telemática (CTT) que figura impresa na comunicación e achegando copia dun dos devanditos documentos, e logo poderá obter un xustificante do rexistro electrónico da presentación da solicitude.
Orde Interior 358/2015, do 27 de febreiro, pola que se modifica o anexo 6 do RD 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais (BOE 54, do 4/3/2015).
Resolución do 9 de marzo de 2015, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establece o procedemento para a solicitude de voto dos electores residentes ausentes que viven no estranxeiro (BOE 63, do 14/3/2015).
Unha vez proclamadas as candidaturas e finalizado o prazo de recursos, a Oficina do Censo Electoral enviará a documentación para votar.
Os envíos deberán realizarse en todo caso non máis tarde do 14 de maio, se ben a este prazo haberá de sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.
A documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral é a seguinte:
- Unha folla informativa.
- Papeletas de votación e sobres de votación.
- Dous certificados de inscrición no censo de residentes ausentes.
- Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
- Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
- Este sobre pode responder a diversos modelos (isto será un enlace aos países onde haxa apartados de correos e aos modelos de sobres segundo os países)
- Iso é consecuencia de que con ocasión de cada proceso electoral, o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación realiza as xestións necesarias para o uso de apartados postais que permitan o envío gratuíto; posteriormente, a través do orzamento electoral compénsase aos servizos postais do país de residencia destes envíos
6. Impreso para a devolución dos gastos de envío do voto por correo, no caso de países onde non sexa posible o uso de apartados de correos.
Para cada un dos procesos nos que se vaia votar, introducirase a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación (ou non se incluirá ningunha papeleta se o que se desexa é votar en branco).
A continuación, no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, introducirase o seguinte:
- Sobre de votación coa papeleta, para cada proceso no que se vote.
- Un dos certificados de inscrición no censo.
- Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedido polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedido polo Consulado de España no país de residencia.
A partir de aquí, pode optar por facer o seguinte con este sobre e o seu contido:
- Depositalo persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa Embaixada ou Consulado.
Poderao facer entre o 22 e o 24 de maio, ámbolos dous inclusive.
Deberá entregar ao funcionario consular o segundo certificado de inscrición no censo.
- Remitilo por correo certificado.
Poderá facelo ata o día 21 de maio.
Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:
- Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.
- O segundo certificado de inscrición no censo.
- Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos de envío naqueles países onde non se abran apartados de correos.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente ou, de ser o caso, da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.
Finalizado o prazo para o depósito do voto en urna, tódolos votos (recibidos por correo ou depositados en urna) deberán ser remitidos á Oficina que para estes efectos se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, que procederá ao seu envío urxente ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es y www.ine.es
Se algún votante do CERA se atopa temporalmente en España durante a convocatoria dun proceso electoral, poderá solicitar (do mesmo xeito que os residentes en territorio nacional) o voto por correo a partir da data da convocatoria e ata o día 16 de maio, sen que iso supoña a súa baixa no CERA.
Para iso, deberá cubrir a solicitude (dispoñible aquí, ou en calquera oficina do Servizo de Correos) indicando expresamente a súa inscrición no censo de españois residentes no estranxeiro e dirixila á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral. Indicará un enderezo en España onde desexe recibir a documentación.
Se xa se enviou a documentación ao enderezo de inscrición por solicitalo desde o estranxeiro, enviaráselle un certificado de inscrición coa marca “DUPLICADO”.
Recibida a documentación electoral no enderezo de España que sinale na solicitude, o elector enviará o seu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial non máis tarde do 22 de maio.
Estes electores e electoras non poderán votar persoalmente na Mesa electoral.