Información sobre as eleccións Locais do 26 de maio de 2019
O 26 de maio de 2019 celebraranse eleccións Locais en todo o territorio nacional, eleccións ás Asembleas de Ceuta e Melilla e eleccións a Cabidos Insulares Canarios. Estas eleccións coincidirán coas eleccións ao Parlamento Europeo e con outros procesos electorais convocados polos respectivos Gobernos autonómicos:
- Eleccións a Asembleas Lexislativas en trece Comunidades Autónomas: Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura, Madrid, Murcia, Navarra, A Rioxa e a Comunidade Valenciana (non celebran Eleccións a Asembleas Lexislativas en Andalucía, Cataluña, Galicia e o País Vasco e na Comunidade Valenciana).
- Consellos Insulares de Mallorca, Menorca e Ibiza.
- Xuntas Xerais dos Territorios Históricos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa.
- Concellos de Navarra.
- Concello Xeral de Arán.
- Eleccións para entidades de ámbito territorial inferior ao municipio (EATIM)
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, no seu artigo 42.3, establece que o cuarto domingo de maio cada catro anos celebraranse en España eleccións Locais. Ao coincidir este ano coas eleccións ao Parlamento Europeo a data establecida para a celebración dos mencionados procesos será a que marque a regulación das eleccións ao Parlamento Europeo recollida na Acta relativa á elección dos representantes na Asemblea por sufraxio universal directo, anexa á Decisión 76/787 do Concello, de 20 de setembro de 1976, modificada polas Decisións do Consello 93/81, de 1 de febreiro de 1993, e 95/1, de 1 de xaneiro de 1995, que casualmente coincide coa data establecida pola LOREG para as eleccións Locais.
O Real Decreto de convocatoria das eleccións Locais acórdase en Consello de Ministros e de Ministras a proposta conxunta dos Ministerios do Interior e de Política Territorial e Función Pública. Expídese o día 1 de abril de 2019, publícase no BOE ao día seguinte, e entra en vigor o mesmo día de súa publicación: o día 2 de abril.
O número de municipios en España é de 8.131 (Fonte: INE)
O procedemento para determinar o número de concelleiros e concelleiras que corresponde a cada municipio ven establecido na propia Lei Electoral.
Cada termo municipal constitúe unha circunscrición na que se elixe o número de concelleiros e concelleiras que resulte da aplicación da seguinte escala:
- Até 100 residentes: 3
- De 101 a 250 residentes: 5
- De 251 a 1.000: 7
- De 1.001 a 2.000: 9
- De 2.001 a 5.000: 11
- De 5.001 a 10.000: 13
- De 10.001 a 20.000: 17
- De 20.001 a 50.000: 21
- De 50.001 a 100.000: 25
- De 100.001 en adiante, un concelleiro ou unha concelleira máis por cada 100.000 residentes ou fracción, engadíndose un ou unha máis cando o resultado sexa un número par
O número de residentes -ou poboación- de cada municipio determínase polo Ministerio de Economía e Empresa, e publícase no BOE. As últimas cifras de poboación foron declaradas oficiais por Real Decreto 1458/2018, de 14 de decembro, (BOE de 29 de decembro de 2018)
Partindo destas cifras oficiais de poboación, as Delegacións e Subdelegacións do Goberno, nos seis primeiros días do mes de marzo de 2019, publican nos Boletíns Oficiais da Provincia a relación de municipios, súa poboación e o número de concelleiros e concelleiras que lles corresponden.
Así é.
Se por aplicación da escala de atribución de concelleiros e concelleiras que recolle o artigo 179 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o resultado fose par, engadirase un posto máis aos que correspondese elixir en función da poboación.
O Concello Aberto é unha peculiaridade dalgúns pequenos municipios españois que se caracteriza pola inexistencia dunha organización municipal como tal, de modo que son todos os veciños os que, reunidos en Asemblea Veciñal, deliberan e toman as decisións que, no réxime ordinario, corresponden ao pleno do Concello.
Funcionan en réxime de Concello Aberto aquelas entidades locais menores e municipios que tradicionalmente o veñan utilizando. O propio artigo 140 da Constitución española refírese ao Concello Aberto: "A Lei regulará as condicións nas que proceda o réxime de Concello Aberto".
Pois ben, a Lei de Bases de Réxime Local, na redacción dada pola Lei Orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro, establece que funcionan en réxime de Concello Aberto:
- Os municipios que tradicionalmente e voluntariamente conten con este singular réxime de goberno e administración.
- Aqueles outros nos que súa localización xeográfica, a mellor xestión dos seus intereses ou outras circunstancias o fagan aconsellábel.
As siglas EATIM significan “Entidade de Ámbito Territorial Inferior ao Municipio”. As súas eleccións son convocadas xunto coas eleccións Locais. En España hai, aproximadamente, unhas 3.500 EATIM.
Nas eleccións ás EATIM os veciños elixen directamente ao Alcalde pedáneo ou á Alcaldesa pedánea (mediante sistema maioritario) que coa Xunta veciñal terán as atribucións que no réxime xeral dos municipios se recoñecen ao alcalde ou á alcaldesa e ao Pleno do Concello.
As Xuntas Xerais dos Territorios Históricos do País Vasco son os órganos representativos dos Territorios Históricos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa.
Cada unha das Xuntas Xerais está integrada por 51 persoas elixidas por sufraxio universal e directo nas eleccións Forais que se celebran cada catro anos simultaneamente coas Locais.
As persoas integrantes das distintas Xuntas Xerais denomínanse en Araba Procuradores e Procuradoras, en Bizkaia Apoderados e Apoderadas e, en Gipuzkoa Procuradores-Xunteiros e Procuradoras-Xunteiras.
Os Territorios Históricos divídense nas seguintes circunscricións electorais
TERRITORIO HISTÓRICO DE ARABA.
- Circunscrición “Cuadrilla de Vitoria-Gasteiz”.
- Circunscrición “Cuadrilla de Aiara/Ayala”.
- Circunscrición “Cuadrillas de Zuya, Salvatierra, Añana, Campezo e Laguardia”.
TERRITORIO HISTÓRICO DE BIZKAIA.
- Circunscrición “Bilbo/Bilbao”.
- Circunscrición “Enkarterriak/Encartacións”.
- Circunscrición “Durango-Arratia”.
- * Circunscrición “Busturia-Uribe”.
TERRITORIO HISTÓRICO DE GIPUZKOA.
- Circunscrición “Donostialdea”.
- Circunscrición “Bidasoa-Oyarzun”.
- Circunscrición “Oria”.
- Circunscrición “Deba-Urola”.
O número que se elixen en cada unha das circunscricións electorais determínase tendo en conta a variable da poboación.
É nos Decretos de Convocatoria das eleccións a Xuntas Xerais onde se especifica a distribución interna entre circunscricións dos 51 escanos que se elixen en cada Territorio Histórico.
As eleccións a Xuntas Xerais celébranse coincidindo coas eleccións Locais a escala nacional.
O Decreto de convocatoria das eleccións a Xuntas Xerais é aprobado polo respectivo Deputado ou Deputada Xeral.
O Val de Arán atópase na provincia de Lleida. Configúrase como unha entidade local territorial, con personalidade xurídica propia e plena capacidade e autonomía para o cumprimento das súas finalidades, determinada pola agrupación dos territorios municipais de: Arres, Bause, Es Bordés, Bossòt, Canejan, Les, Naut Aran, Vielha e Mijaran e Vilamós.
O goberno e a administración de Arán corresponden ao Concello Xeral (Conselh Generau), integrado polo Síndico (Sindic) e doce Conselleiros ou Conselleiras Xerais (Conselhers Generaus).
As seis circunscricións electorais nas que se divide o Val de Arán correspóndense cos seis “terçons” históricos: Pujòlo, Arties e Garòs, Castièro, Marcatosa, Irissa e Quate Lòcs.
Os trece postos do Concello Xeral distribúense entre os seis “terçons” deste modo:
- Pujòlo, 2 membros.
- Arties e Garòs, 2 membros.
- Castièro, 4 membros.
- Marcatosa, 1 miembro.
- Irissa, 1 miembro.
- Quate Locs, 3 membros.
As eleccións ao Consello Xeral de Arán son convocadas por Decreto autonómico. O mencionado proceso electoral, polo que resultan electos e electas os Conselleiros ou Conselleiras Xerais, hase de celebrar o mesmo día no que se celebren as eleccións Locais.
O mandato dos Conselleiros ou Conselleiras Xerais dura catro anos, ao igual que acontece no caso das persoas que constitúen as Corporacións Locais.
O aranés, variedade da lingua occitana e propia de Arán, é oficial no Val de Arán. Tamén o son o catalán e o castelán.
Os Concellos de Navarra son entidades locais enclavadas no termo dun municipio, con poboación e ámbito territorial inferiores ao deste.
O goberno e administración destes Concellos de Navarra realizarase en réxime de Concello aberto, cando teñan unha poboación de entre 16 e 50 habitantes e por unha Xunta cando esa poboación supere os 50 habitantes.
O mandato das persoas elixidas no caso dos Concellos de Navarra é de catro anos ao igual que as elixidas nos Concellos.
A convocatoria para a elección de Presidentes ou Presidentas dos Concellos rexidos en réxime de concello aberto, e de Presidentes ou Presidentas e Vogais das Xuntas, acórdase polo Goberno de Navarra mediante Decreto Foral, que se publicará no “Boletín Oficial de Navarra” e que sinalará a data das eleccións de concelleiros, que coincidirá coa da celebración das eleccións Locais.
A Administración da Comunidade Foral publicará simultaneamente coa convocatoria de eleccións a Concellos de Navarra unha relación, ordenada alfabeticamente, dos Concellos agrupados por municipios, con indicación da poboación de dereito de cada Concello. Da mesma maneira sinalarase se
no Concello correspondente corresponde elixir Presidente ou Presidenta e Vogais da Xunta, ou só Presidente ou Presidenta do concello aberto.
Os Presidentes e Presidentas dos Concellos rexidos en réxime de Concello aberto, e os Presidentes e Presidentas e Vogais das Xuntas, elixiranse polo sistema maioritario
Os Cabidos son a expresión institucional da singularidade xeográfica predicábel dun territorio integrado por illas.
A propia Constitución Española recolle a distinción entre provincia e illa no seu artigo 141.1 ao establecer que "Nos arquipélagos, as illas terán ademais a súa administración propia en forma de Cabidos ou Consellos".
No arquipélago canario, os Cabidos son os órganos de goberno, administración e representación de cada unha das illas.
O número de Conselleiros que corresponde elixir en cada illa do arquipélago canario determínase en función da poboación da illa en cuestión tendo en conta a seguinte táboa:
Número de residentes | Número de Conselleiros |
Até 10.000 | 11 |
De 10.001 a 20.000 | 13 |
De 20.001 a 50.000 | 17 |
De 50.001 a 100.000 | 21 |
De 100.001 en adiante | 1 conselleiro ou conselleira máis por cada 100.000 residentes ou fracción, engadíndose un máis cando o resultado sexa un número par. |
O mandato dos Conselleiros e Conselleiras Insulares é de catro anos, contados a partir da data de súa elección.
As eleccións a Conselleiros e Conselleiras dos Cabidos Insulares convócanse por Real Decreto, ao igual que acontece coas eleccións Locais.
O procedemento para a elección dos Conselleiros e Conselleiras Insulares é o mesmo que o establecido para o caso da elección de Concelleiros e Concelleiras, se ben cada illa constitúe unha circunscrición electoral.
A Reforma do Estatuto de Autonomía das Illes Balears, de 1 de marzo de 2007, contempla a elección directa das persoas que forman os Consellos Insulares de Mallorca, Menorca e Ibiza.
Os Consellos Insulares son as institucións de goberno de cada unha das illas e ostentan o goberno, a administración e a representación das illas de Mallorca, Menorca e de Ibiza, así como das illas
adxacentes a estas. Gozan de autonomía na xestión dos seus intereses e son institucións da Comunidade Autónoma das Illes Balears.
Cada un dos Consellos Insulares de Mallorca, Menorca e Ibiza está integrado polos Conselleiros e Conselleiras que se elixirán nas respectivas circunscricións, por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto mediante un sistema de representación proporcional respectando o réxime electoral xeral.
A duración do mandato é de catro anos e o cargo é incompatíbel cos cargos de Presidente ou Presidenta das Illes Balears, de Presidente ou Presidenta do Parlamento, de persoa que forma parte do Goberno e de Senador ou Senadora da Comunidade Autónoma.
A convocatoria de eleccións aos Consellos Insulares de Mallorca, Menorca e Ibiza realízase por Decreto do Presidente ou Presidenta da Comunidade Autónoma de acordo coas condicións e os prazos establecidos no artigo 42.3 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, previa solicitude, realizada polos Consellos respectivos coa pertinente antelación, mediante acordo plenario. O Decreto de convocatoria deberá publicarse no Butlletí Oficial de les Illes Balears.
O Concello Insular de Mallorca está integrado por 33 Conselleiros e Conselleiras, o de Menorca por 13 e o de Ibiza por 13.
Ceuta e Melilla son, dende o ano 1995, Cidades Autónomas.
Nos seus Estatutos de Autonomía como Cidades Autónomas, establécese que as Asembleas das Cidades de Ceuta e Melilla, na medida en que son os órganos representativos da Cidade, estarán integradas por 25 persoas, elixidas na Cidade por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.
As eleccións rexeranse polo establecido na lexislación estatal reguladora do réxime electoral xeral para a celebración de eleccións Locais, e son convocadas polo Estado xunto destas.
A Xunta de Andalucía ostenta, dende a aprobación da Lei 5/2010, de 11 de xuño, de Autonomía Local de Andalucía, a competencia para organizar o proceso electoral á Presidencia das Entidades Locais Autónomas. A figura da Entidade Local Autónoma, foi creada en 1997 de acordo coa Lei Reguladora da Demarcación Municipal de Andalucía e ten como principais obxectivos descentralizar e mellorar a xestión e os servizos que se prestan nas aldeas e pedanías lonxe das vilas que ostentan capitalidade municipal.
A Entidade Local Autónoma, supón que o núcleo de poboación recoñecido adquire certo nivel de autonomía e asume a xestión dunha serie de servizos en coordinación co municipio.
O órgano de goberno da entidade local autónoma é a xunta veciñal, composta pola presidencia e por un número de vogais, de acordo coa poboación residente no ámbito territorial da mencionada entidade.
A persoa titular da presidencia da entidade local autónoma elíxese directamente pola veciñanza que, con residencia habitual no ámbito territorial de actuación da mencionada entidade, ostenta dereito de sufraxio activo nas correspondentes eleccións municipais.
O número de vogais que corresponda en cada entidade, determínase de acordo coa poboación residente no ámbito territorial da mencionada entidade e será o que resulte de aplicar a seguinte escala:
Até 250 residentes……………….……..2 vogais
De 251 a 2000 residentes…..……… 4 vogais
De 2001 a 5000 residentes….….…..6 vogais
Máis de 5000 residentes………….….8 vogais
As xuntas veciñais constitúense de maneira análoga á prevista no artigo 195 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, para os concellos.
Provincias con Entidades Locais Autónomas:
Almería.......................... 1 Entidade Local Autónoma
Cádiz.............................. 11 Entidades Locais Autónomas
Córdoba……………………... 6 Entidades Locais Autónomas
Granada…………………...... 8 Entidades Locais Autónomas
Huelva................... ........ 3 Entidades Locais Autónomas
Xaén....................... ........ 9 Entidades Locais Autónomas
Málaga.................... ..... 1 Entidade Local Autónoma
Sevilla……………………...... 3 Entidades Locais Autónomas
Os órganos de goberno e administración das entidades locais menores de Estremadura están formados polo : Alcalde Pedáneo ou Alcaldesa Pedánea e a Xunta Veciñal. O número de vogais a elixir en cada unha das Xuntas Veciñais será o que se detalle do Decreto de Convocatoria.
Na actualidade existen 21 Entidades Locais Menores
Badaxoz .………………………………………………………… 15 Entidades Locais Menores
Cáceres …………………………………………………………. 6 Entidades Locais Menores
Son entidades locais menores da Comunitat Valenciana, aqueles núcleos de poboación separados territorialmente do municipio a que pertencen e que, tendo características peculiares, se constitúan como tales de acordo coa normativa que as regula, Lei 8/2010, de 23 de xuño, de Réxime Local da Comunitat Valenciana.
A elección dos órganos de goberno das entidades locais menores levarase a cabo no mesmo acto que as eleccións municipais.
Os órganos de goberno e administración das entidades locais menores son a Presidencia e a Xunta Veciñal.
A Xunta Veciñal estará integrada pola Presidencia e polos vogais, cuxo número resultará de aplicar a seguinte escala:
De 1 a 250…………………...…..3
de 251 a 1000…………………..5
de 1001 en adiante………….7
O número total de membros da xunta veciñal non poderá ser superior ao terzo do número de concelleiros do concello ao que pertencen.
Existen actualmente 7 entidades locais menores
Alacante 3
Castellón 1
Valencia 3