O papel de Correos e Telégrafos no proceso electora
Para o correcto desenvolvemento do proceso electoral, tamén é fundamental a participación dun operador postal.
A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. ten a condición de operador designado polo Estado para a prestación do servizo postal universal e o Goberno pódelle impoñer outras obrigacións de servizo público, cando sexa necesario para salvagardar o normal desenvolvemento dos procesos electorais.
Esta imposición vénse realizando nos últimos procesos mediante Acordo de Consello de Ministros.
As obrigacións que se impoñen nestes Acordos son aquelas actuacións que han de levarse a cabo unha vez convocado o proceso e que resultan especialmente transcendentais para o seu desenvolvemento, pola urxencia e características dos envíos e pola relevancia que implica a custodia da documentación electoral.
Estas obrigacións e actuacións refírense a:
- O voto por correo de electores e electoras residentes en España, de residentes ausentes e de electores e electoras temporalmente ausentes,
- o voto do persoal embarcado, do persoal das Forzas Armadas embarcado ou en situacións excepcionais vinculadas coa defensa nacional,
- o voto do persoal interno en centros penitenciarios,
- envíos realizados pola Oficina do Censo Electoral,
- envíos de propaganda electoral que realizan os partidos políticos,
- recollida da documentación electoral nas Mesas electorais.
A imposición destas obrigacións debe ser obxecto de compensación, é dicir, aqueles intervenientes no proceso electoral que utilicen os servizos postais non deben asumir directamente ningún custo; iso non quere dicir que non o teñan, senón que é o orzamento electoral o que o asume.
Visita virtual del Servicio Postal en el Proceso Electoral